Ingredientes
300 gr. de fresas conxeladas
2 claras de ovo
70 gr. de azucre branco
Elaboración
1) Co vase ben seco pulverizar o azucre programando 1 minuto en velocidade progresiva 5-10.
2) Engadir as fresas conxeladas e programar 1 minuto a velocidade progresiva 5-10 ata que a mestura estea uniforme e ben mesturada.
3) Colocar a mariposa e baixar a mestura cun espátula. Engadir as claras de ovo e programar 2 minutos a velocidade 3.
Notas
É un postre que haiq eu facer no momento porque non se garda ben na nevera. Así que pasa un pouco de tempo, baixase e perde cremosidade.
Se sobra, ao momento de facelo, podese conxelar en forma de polos que tamén queda moi ben de textura.
Pódese facer con outras froitas, sempre conxeladas.
Fonte
Pasouma a miña presentadora de Thermomix, Luisa Vizoso.