Chegou a modernidade á miña vila, (risiñas); chegou o restaurante chino. E como non podía ser doutro xeito, entráronme ganas de comida china. Así que amañei a cousa con esta receita.
Ingredientes
- 125 gr de brócoli
- 200 gr de cenorias
- 150 gr de cebola morada
- 1 paquete de noodles de espelta ou calquera outro fideo chino que che mole
- Sementes de sesamo ao gusto Para a salsa
- 2 culleres sopeiras de aceite de oliva.
- 1 culler sopeira de crema de cacahute.
- 1 culler sopeira de salsa de soia
- 1 culler de postre de sirope ou mel
- 1 dente de allo picado
- 1 culler de postre de sementes de sésamo
- 1 culler de postre de xenxibre relado
- 1 culler de postre de guindilla (se che vai o picante)
Elaboración
- Picar todas as verduras moi finiñas en cubiños e saltear na tixola ata que a cebola quede transparente.
- Mentres, cocer os noodles cun chisco de sal e uns toros de xenxibre.
- Nun bol mesturar todos os ingredientes da salsa.
- Escoar os fideos e incorporalos á tixola das verduras e verterlle por riba a salsa. Mesturar todo.
- Espolvorexar por riba con sementes de sésamo e servir.
Recomendacións
- Eu bótolle o brócoli e a cenoria case ao final do salteado porque me gusta que queden crocantes.
- Tamén os probei sen facer a salsa e agregándolles salsa Teriyaki de bote. Quedan igualmente fantásticos e cun acento moi chinés.
- Se tes allos tenros e cebollino para decorar, agrégallos.
- Con estas medidas saen máis ou menos catro racións ben abondantes.
Receita orixinal: Fideos para uno de Addicted to Hummus
2 Comments