Nuggets de tofu con coleslaw

Ingredientes


Para os “nuggets”


Tofu (150 gr)
1 paquete de maices ou “kikos”
2 culleres sopeiras de pan relado
Leite de soia
Sal ao gusto

Para o acompañamento “Coleslaw”

3/4 de col pequena sen tallo
1 cenoria
1/2 mazá tipo golden
1 culler sopeira de maionesa
1/2 cebolleta grande
1/2 culler sopeira de azucre
1 iogur natural (mello se é cremoso)
1 culler sopeira de mostaza suave
Un chisco de vinagre branco
Sal e pementa negra ao gusto



Elaboración

Para os nuggets

1) Triturar os maíces pero deixando que queden algúns anacos máis grosos para darlle o punto cruxinte.

2) Engadir aos maíces dúas culleres sopeiras de pan relado e mesturar.

3) Cortar o tofu en toros de 1cm aproximadamente e logo cortar eses toros en anacos desiguais.

4) Verter un pouco de leite de soia nun bol e ir mollando o tofu no leite. Logo afundir o tofu na mestura de maíces e pan relado ata que queden ben cubertos.

5) Poñer ao lume unha tixola con abundante aceite e cando estea ben quente, fritir os anacos de tofu.

6) Retirar da tixola e poñer a escoar sobre papel absorvente. Espolvorexar cun chisco de sal e servir.

Para a coleslaw

1) Cortar o repolo en xuliana fina. Relar en tiras finas a cenoria, a mazá e a cebola.

2) Nun bol poñer o iogur co resto de ingredientes ( vinagre, mostaza, maionesa, azucre, sal e pementa). Mesturar todo ben.

3) Agregar a salsa ás verduras reladas e mesturar ben.

4) Deixar repousar na neveira durante un mínimo de 4 horas. Cada pouco sacar da neveira e ir escoando o líquido que vaian botando as verduras.

Notas

Un truco para que non queden graxentos e poñelos no escoador primeiro, e unha vez que perden temperatura pasalos ao papel de cociña.

A coleslaw vai moi ben tamén para encher pans de pita ou arepas.

Fonte

Receita orixinal:  Begin Vegan Begun e Mercado Calabajío.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*