Que che poño para cear? Non teño nada para darche. Pois non sei que che poñer para xantar…
ACABOUSE!!! Xa non tedes excusas: aquí vos deixo unha receita que máis fácil imposible para que non me poñades excusas cando vou comer ou cear á vosa casa. Quen non ten a man uns ovos, un pouco de salsa de tomate, algo de arroz e un plátano????
Ingredientes
1 ovo por persoa
1 plátano por persoa
1 taza de arroz por cada dúas persoas
Salsa de tomate ao gusto
Elaboración
1) No microondas poñer nun recipiente unha taza de arroz por dúas de auga. Programar 20 minutos a máxima potencia.
2) Nunha tixola, fretir os ovos. Se se quere facer unha filigrana como a da foto, que é ocorrencia do meu Basilio, hai que cortar un aro de cebola e fritilo. Cando estea medio fritidiño, romper o ovo dentro do aro de cebola e irlle botando o aceite por riba para que se faga ben. Así queda como na imaxe de arriba. Sacar os ovos e escoarlles ben o aceite, que senón quedan moi graxos.
3) Deixar só o fondo da tixola con aceite e fritir nela os plátanos partidos en dous e á metade. Viralos frecuentemente para que non se peguen.
4) Mesturar o arrox, os ovos, os plátanos e salsa de tomate nun prato e a desfrutar.
Notas
Este prato e tan sinxelo e sabe tan ben que non hai que engadirlle nota algunha.
Fonte
Receita orixinal: tradición oral, jeje.