Ingredientes
300 g de leite enteira
1 cullerada sopeira de azucre
50 g de aceite de oliva
25 de levadura fresca
1 ovo
500 g de fariña de forza
1 cullerada de café de sal
1 cullerada sopeira de vinagre
sementes de sésamo para decorar
Elaboración con Thermomix
1) Poñer no vaso o leite, o azucre e o aceite e programar 1 minuto, temperatura 37 graos, velocidade 2.
2) Engadir a levadura e o ovo e programar 5 segundos, velocidade 4.
3) Agregar a fariña, o sal e o vinagre. Programar 5 minutos, vaso pechado, velocidade espiga.
4) Deixar reposar a masa no vaso ata que dobre o seu volume (máis ou menos 1 hora).
5) Prequencer o forno a 180 graos.
6) Abrir a tapa da Thermomix e coa espátula baixar a masa para quitarlle un pouco de aire. despois, programar 30 segundos, vaso pechado, velocidade espiga.
7) Levar a masa á superficie de traballo coas mans humedecidas. Facer bolas do mesmo tamaño (exemplo: 80 g.). Colocar as bolas nunha bandexa de forno forrada con papel de forno e deixar reposar a masa uns 15 minutos.
8) Pintar con ovo batido e espolvorexar con sementes de sésamo.
9) Meter ao forno durante 15 minutos.
Notas
Pódense conxelar unha vez saídas do forno, cando arrefríen.
Fontes
Receita orixinal: Recetario Thermomix
4 Comments