Fai uns anos fixen un cursillo online na escola de Babette para aprender a facer pan con masa mai. Gustoume moito e collinlle gusto a facer o pan na casa.
Pero pasou o tempo, veu o traballo e parecíame tedioso todo o proceso e deixeino de facer. Agora, durante o confinamento polo coronavirus, retomei este costume e meu pai compartiume a súa receita de pan caseiro.
Paréceme excelente, sempre sae ben (uses a fariña que uses) e non da nada de traballo.
Aquí deixo a receita para que nunca se me esqueza. Grazas papi :).
Ingredientes
- 200 gr de masa madre
- 400 gr de fariña (200 de Caaveiro + 200 de Callobre)
- 100 gr de fariña integral
- 11 gr de sal
- 1 culler de postre de malta tostada
- 290 gr de auga
Elaboración
- Nun bol mesturar todos os ingredientes e mesturar ben ata que quede una masa uniforme.
- Realizar un par de amasados de 45 segundos, deixando repousar a masa tapada durante 15 minutos de cada vez.
- Rematado o amasado, facer unha bola e mter
nun recipiente aceitado e gardar na neveira. - Deixar repousar toda a noite. Á mañá seguinte, sacar da neveira, darlle forma de bolo e deixar repousar durante 3 horas nun banetón enfariñado.
- Cando falte media hora para que vaian as tres horas de levado, encender o forno a 250 graos con calor arriba e abaixo e un recipiente no que poñer auga despois.
- Volcar o pan sobre a bandexa ou pedra do forno, facerlle uns cortes e agregar un vaso de auga ao recipiente do forno para que se xenere vapor.
- Aos 10 minutos, retirar o recipiente coa auga e deixar outros 10 minutos a 250. Logo ir baixando de 10 en 10 graos cada 10 minutos ata que pasados 35-40 minutos se poda poñer o forno a 150 graos durante outros 15 minutos aproximadamente, para que pan quede ben cruxinte.
- Retirar do forno e deixar arrefirar sobre unha rexilla.
Recomendacións
- Non botes toda a auga xa que dependendo das farilñas pode necesitar máis ou menos. A masa ten que quedar algo pegañenta pero firme.
- Podeselle engadir o que queiras para enriquecelo: pasas, noces, sésamo.
- Se o queres facer todo no mesmo día, en troques de deixalo na neveira podes deixalo levar a temperatura ambiente durante 4 horas.
- O amasado faino con aceite de oliva en lugar de espolvorexar a superficie de traballo con fariña.
- Os cortes do greñado deben ser ben profundos para que non abra o pan polos laterais.
- Para xerar o vapor eu uso un recipiente no que poño pedra volcánica e a poño a quentar cando prequenzo o forno.
Receita orixinal: Feito por Elisa