Pan de plátano

Ingredientes

225 g de fariña
225 g de azucre moreno
225 g de manteiga
4 plátanos de Canarias moi maduros
4 ovos grandes
½ culler sopeira de bicarbonato sódico
1 culler de postre de extracto de vainilla ou vainilla en pasta
1 cucher de postre de reladura de limón (opcional)
1 culler de postre de levadura en pó (Royal)
1 chico de sal
75 g de noces picadas
125 g de leite semidesnatada ou enteira

Elaboración

1) Prequencer o forno a 180 graos e engarsar un molde.

2) Poñer na thermomix os ingredientes secos: a fariña, o bicarbonato, a levadura e o sal. Programar 30 segundos a velocidade 3 para tamizalos e mesturalos ben. Sacar do vaso e reservar.

3) Poñer no vaso os plátanos, o leite e o azucre. Triturar 3 segundos a velocidade 4. Sacar do vaso e reservar.

4) Sen lavar o vaso, verter a manteiga e o extracto de vainilla. Programar 2 minutos, 37 graos, velocidade 4, ata que a mestura quede cremosa.

5) Programar novamente 2 minutos a 37 graos, velocidade 6  e ir incorporando os ovos un a un polo bocal.

6) Incorporar os ingredientes secos e programar 10 segundos a velocidade 6.

7) Incorporar a mestura do plátano removendo suavemente uns 10 segundos a velocidade 2.

8) Volcar a masa no molde e ir engadindo as noces. Afundilas lixeiramente coa espátula para que queden repartidas por toda a masa,

9) Meter no forno durante 45 minutos.

Notas

É un pan moi húmido polo que aguanta ben o paso dos días sen resecarse.

Parte da manteiga pódese reemplazar por 125 gr de compota de mazá.

No meu forno hai que telo máis de 45 minutos. Puxenlle os 35 primeiros con ventilador e despois outros 20 sen ventilador.

Fonte

Receita orixinal: Velocidad cuchara

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*