Pan de trigo sarraceno e espelta

Thermomix

Ingredientes

350 gr de fariña de espelta
150 gr de fariña de trigo sarraceno
350 gr de auga
40 gr de levadura fresca
1 culler de postre de mel
1 culler de postre de sal
40 gr de vinagre
90 gr de pipas de cabaza/xirasol
90 gr de sementes de liño
50 gr de sementes de sésamo
copos de avea para espolvorexar

Elaboración

1)Verter a auga no vaso e programar 2 minutos, 37 graos e velocidade 1.

2) Engadir a levadura e o mel e mesturar todo 5 segudnos, velocidade 3.

3) Engadir as fariñas, o sal, o vinagre, as pipas, as sementes de liño e o sésamo. Amasar 4 minutos, vaso pechado, velocidade espiga.

4) No molde para pan (exemplo 30x12x10) espolvorexar copos de avea grosos. Botar por riba masa. Pincelar a masa con aceite e espolvorexar máis copos de avea.

5) Deixar reposar a masa no molde durante 1 hora (ou ata que levede).

6) Prequencer o forno a 220 graos.

7) Cocer o pan durante 40 minutos.

Notas

As fariñas pódense facer tamén na Thermomix moendo os cereiais. Eu por exemplo a de espelta tíña pero a de trigo sarraceno non. Asiq ue botei o propio trigo no baso e triturei 1 minutos a velocidade 9.

Queda un pan cunha miga moi preta e unha lixeira acidez.  Ideal para untar con manteiga e marmelada.

Fonte

Receita orixinal: Thermomix Pamplona

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*