Pan de molde
Espárragos verdes cocidos (de bote)
Maionesa caseira ou de bote
Elaboración
1) Quitarlle a corteza ao pan de molde.
2) Cun rodelo aplanar as rebanadas de pan.
3) Untar con maionesa o pan de molde e colocar tres espárragos en cada cacho de pan. Dous espárragos van cara arriba e o outro cara abaixo (para que quede mellor decorado). Dobrar o pan e suxeitalo cun palillo para que non se solte.
4) Gratinar no forno prequencido a máxima potencia ata que se douren.
5) Cortar á metade (como na foto) e servilos inmediatamente.
Notas
A maionesa pódese facer tamén caseira cun ovo, un vaso de aceite de xirasol, un chisco de sal e un chorro de vinagre. Ponse o ovo no fondo dun vaso de batedora, agrégase o aceite, o sal e o vinagre e apoiando no fondo a batedora bátese todo ata que emulsione.
Non sirven para facer con antelación porque non quedan tan ben cando se enfrían.
Fonte
Receita orixinal: Isasaweis