Pasta con salsa de pementos do piquillo

Ingredientes


Aceite de oliva
4 dentes de allo
4 tomates secos
150 gr de pementos do piquillo
250 gr de salsa de tomate
1 culler sopeira de ourego en pó
240 gr de pasta
sal ao gusto
Parmesano vegano para espolvorexar



Elaboración

1) Cocer a  pasta segundo as indicacións do fabricante.

2) Nunha tixola por un chorro de aceite de oliva e cando estea quente engadir os allos troceados. Cociñar a lume medio ata que collan cor.

3) Nunha batedora ou na Thermomix, poñer os  allos que tiñamos dourando na tixola, os tomates secos, os pementos e a salsa de tomate. Triturar todo ata que quede moi ben integrado.

4) Escoar a pasta e poñela na tixola ou no wok e engadirlle a salsa e o ourego. Cociñar durante uns 5 minutos.

5) Espolvorexar co parmesano vegano por riba e servir.

Notas

Os tomates secos podense usar así como veñen ou pódense poñer a rehidratar durante 30 minutos nun vaso de auga antes de facer o prato. Tamén se poden deixar da noite anterior.

Estes rapaces de Danza de Fogones son súper recomendables. Teñen unhas receitas boísimas e a fotografía da comida sempre é estupenda.

Fonte

Receita orixinal: Danza de Fogones

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*