Pastel de espinacas


Non vos deixedes amedrentar polo aspecto do preparado na foto. Este pastel salgado é moi sinxelo de preparar e vaille encantar a todo aquel que algún día pronunciou a frase: “Yo es que odio las espinacas, en serio!!!”.  Unha vez o meu amigo Marco veu cear cunha amiga que odiaba as espinacas, así que decidín poñer a proba este prato. Nin que dicir ten que lle encantou e que casi non podía crer que de verdade levase espinacas.

Xa veredes, facede a proba.  E se conseguides colarlla a algún “anti-espinacas” contádemo nos comentarios 😉




Ingredientes

500 gr de espinacas (valen frescas ou conxeladas)
500 ml de nata (eu uso vexetal e pode ser de arroz, avea, soia, etc.)
media barra de pan remollado en leite
2 ovos
60 gr de queixo emmental ou de cabra
1 culler sopeira de fariña
3 culleres sopeiras de pan relado
2 dentes de allo
unha présa de piñóns
sal ao gusto
aceite de oliva

Elaboración

Prequencer o forno a 190 graos.

1) Se se usan espinacas conxeladas, fervelas, escoalas e reservalas.

2) Nunha tixola, dourar os allos picadiños e agregarlle as espinacas. Se son frescas agregámolas así sen máis, sen cocer nin nada.

3) Agregar tamén a fariña e a miga de pan remollada. Remexer.

4) Agregar as pasas, os piñóns e o queixo.

5) Bater os ovos e mesturalos coa nata. Engadirllo ao preparado que temos na tixola.

6) Pincelar un molde con aceite e espolvorexar con pan relado. Verter nel a mestura e esparexer por riba máis pan relado.

7) Meter no forno a 190 graos durante 40 minutos.

Notas

Este prato aguanta moi ben ser preparado dun día para o outro. Ten moi boa consistencia.

Fonte

Receita orixinal: nin idea, aparecía xa no libro de receitas caseiras que me preparou miña nai ao marchar a Madrid.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*