Patacas recheas

Hoxe quixen facer unha comida especial e escollín unha receita de patacas recheas da miña sogra Mari Carmen.

A súa receita, ovbiamente, levaba carne picada, avecrem e caldo de carne, así que eu reemplacei a carne por hamburguesas de Heura e o a avecrem por caldo de verdura cun extra de sal. O resultado pagou a pena, máis como todo o que está moi rico, comín de máis e agora veñen os lamentos.

Fixen 5 patacas cunha variedade para fritir que me recomendou a miña fruteira de confianza e que eran de tamaño mediano (como unha man de longas máis ou menos). Acertou de cheo porque a textura da pataca quedou xenial.

Así que, aquí deixo a receita para a posteridade.

Ingredientes

  • 5 patacas medianas
  • 3 hamburguesas de Heura
  • 1 culler sopeira de pan relado
  • 1 cebola
  • 2 allos
  • 1 brick de viño branco
  • Perexil, pementa e sal
  • Unha pouca fariña para empanar

Elaboración

  1. Picar as hamburguesas nun bol (desconxeladas e pasadas brevemente pola tixola) e agregar o ovo, perixel, sal e pementa negra ao gusto.
  2. Pelar as patacas e vacialas.
  3. Encher as patacas coa mestura das hamburguesas, reboar en fariña, só pola parte do Heura e fritir nunha tixola por todas partes. Trasladar a unha tixola.
  4. Noutra tixola, agregar a cebola e o allo picados cun chisco de sal. Deixar pochar e cando estea transparente a cebola, agrear o brick de viño branco. Deixar que evapore un minuto ou dous e volcar nun vaso de batedora. Bater ata deixar unha salsa.
  5. Agregar esta salsa á pota das patacas e rematar de cubrir as patacas con auga ou caldo de verduras.
  6. Agregar máis perexil, sal e pementa ao gusto e cocer a lume baixo durante uns 30 minutos ou ata que as patacas queden brandas. Servir quentiñas.
Recomendacións
  • Os anacos do recheo de baleirar as patacas, podense fritir tamén e agregar á pota das patacas.
  • Eu usei só caldo de verduras en troques de auga para cocer as patacas.
  • As hamburguesas de Heura mercoas en Veggie Room
  • Para a próxima, na tixola de cebola e allo, agregarei tamén un pouco de pemento verde e un pouco de azafrán.
Receita orixinal da miña sogra Mari Carmen
Así quedaron por dentro

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*