Petit suisse vegano

Ingredientes

2 iogures de soia (sen azucarar)
2 tazas de leite de soia
1 cullerada de margarina vexetal
5-6 culleradas de zume de limón
60 ml de nata de soia ou de avea
3 culleradas de azucre
1-2 culleradas de postre de sirope ou extracto de fresa

Elaboración


1) Ferver o leite de soia xunto coa margarina. Baixar ao mínimo e removelo un par de minutos.

2) Apagar o lume e verter o zume de limón e remover durante 1 minuto. Deixalo reposar ata que estea case frío.

3) Colar o leite a través dun pano e exprimilo ben para que expulse todo o líquido posible.

4) Pasar a un bol e bater xunto cos iogures ata que quede suave e homoxéneo.

5) Tapar a mestura e deixala reposar nun lugar cálido durante 18-24 horas.

6) Unha vez pasado o tempo de fermentación, incorporar á mestura o azucre, a nata de soia e o extracto de fresas ou sirope e bater.

7) Pasar a vasiños individuais e deixalo na neveira unhas 6 horas antes de servir.

Notas

Como sempre, esta receita está sacada do xenial blog Creativegan. Quedan uns petit suisse moi cremosos e ricos. Eu fíxenos co iogur de soia caseiro (feito na iogurteira) e quedaron ben.

Eu non lle botei extracto de fresa. Boteill un sirope de fresa que fixen cocendo un puré de fresas (fresas machacadas) cun pouco de azucre, auga e zume de limón. Fervino todo ata que quedou con consistencia de sirope. 

Fonte

Receita orixinal: Creativegan

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*