Ás veces non sabemos moi ben que ofrecer como postre despois dunha desas comidas que preparamos como para 20 e nas que só somos 4 á mesa. Por iso esta receita me chamou a atención. É moi fresquiña e non satura. Ideal para despois dunha comida pesada como alternativa aos tradicionais biscoitos, tartas, tiramusús, etc.
Eu usei piña fresca. Non sei como queda con piña de bote.
Sen máis… dentro receita.
Ingredientes
- 1 piña
- 30 gr de azucre de coco
- unha culler sopeira de Brandy
- Zume de medio limón
- Unha culler de postre de xensibre fresco relado
- Frambuesas para decorar
Elaboración
- Cortar a piña en toros o máis finos posible.
- Pincelar coa mestura de brandy, limón e o xenxibre.
- Espolvorexar con azucre e queimalo cun soplete de cociña.
- Agregar as frambuesas e servir.
- Pódese empregar outro azucre que non sexa o de coco.
- O xenxibre tamén vale en pó. Botar entón media culler de postre.
- As frambuesas tamén se poden reemplazar por outro droito vermello.