Ás veces non sabemos cómo cociñar a coliflor, sobre todo se hai peques na casa. Pero con esta pizza con base de coliflor todo o mundo se vai voltar un “coliflor lover”. Seguro. Está boísima e é un xeito orixinal e diferente de consumir a coliflor enmascarando un pouco o seu sabor.
Faise nun santiamén e pódese facer en mini porcións individuais en troques de facer unha pizza xigante como a da foto desta entrada. Unha compañeira que leva talleres de ocio e tempo libre con nenos pequenos fíxoa unha tarde no taller de cociña que teñen cos pequerrechos e díxome que quedaran encantados. Así que se pasa esa proba de lume, ben merece que lle deas unha oportunidade a esta receitiña.
Imos aló.
Ingredientes
- 160 gr de colifor crúa
- 50 gr de queixo relado (ovella, mozzarella, etc.)
- 1 ovo
- 1 dente de allo
- un chisco de sal
- Pementa
- Curry
- Alfábega (albahaca)
- Ourego
- 1 culler sopeira de aceite de oliva
Elaboración
- Preparar o forno e prequencelo a 180 graos.
- Poñer a coliflor xunto co queixo relado e o allo no vaso da Thermomix. Picar 10 segundos, velocidade 5.
- Incorporar o aceite, as especias, o ovo, o sal e a pementa e mesturar 30 segundos en velocidade 4.
- Verter a mestura sobre papel de forno e darle forma de base de pizza.
- Meter no forno durante 30 minutos na badexa máis baixa. Cando queden 10 minutos, subila para que toste un pouco máis.
- Decorar por riba como se fose unha pizza normal: toros de tomate, espinacas, queixo, aceitunas, etc..
- Tamén se pode facer coa coliflor xa codida pero queda menos crocante.
- Prestar atención a non facela moi fina polos bordes para que non se queime.
- O ovo pode omitirse e queda tamén ben.