Parece que este verán está sendo ben caloroso, así que case non me apetece estar nos fogóns, polo que estiven a probar receitas hipersinxelas e fresquiñas para saír un chisco da rutina.
Levaba días vendo por internet imaxes de pizzas de sandía e non me puiden resistir a facer unha para o almorzo. A presentación queda moi atractiva, o sabor está ben e o tema de cortar a sandía en porcións facilita comer cada bocado, así que me parece unha receita perfecta para sorprender á parella nun almorzo ou para unha tarde de cumpreanos infantil.
Aquí vos deixo os ingredientes que empreguei eu.
Ingredientes
- 1 toro de sandía
- 1/ plátano
- 1 kiwi
- 2 fresas
- varios arándanos
- Coco relado
Elaboración
- Cortar un toro de sandía un pouco gordo e partilo en trozos triangulares.
- En cada triángulo colocar un toro de kiwi pelado, unha fresa loncheada e un toro de plátano. Colocar sobre cada plátano un arándano.
- Espolvorexar coco relado por riba.
- Non cortar a sandía moi fina porque senón as porcións non se poden comer coa man.
- Eu engádolle os arándanos conxeados para darlle un toque cruxinte.
- Pódese usar calquera outra froita que estea de temporada.