Plum cake salgado

Ingredientes

150 grs guisantes

100 grs tomates secos
100 grs de queixo emmental

1 iogur natural

3/4 de vaso de aceite de oliva

4 ovos

200 grs de fariña

50 grs azucre moreno

1 sobre de levadura royal

sal e pementa
ao gusto

Elaboración

1) Prequencer o forno a 190 graos. 

2) Mesturar nun bol grande o azucre e o iogur.

3) Engadir os ovos de un en
un. (non engadir un ata que estea ben mesturado o anterior.).

4) Engadir a fariña tamizada coa levadura. Traballar ben. Engadir o
aceite en forma de fío ata obter unha pasta suave e homoxénea.

5) Cortar os tomates secos e o queixo en anaquiños, enfariñar e
engadir á masa xunto cos guisantes.

6) Mesturar e salpementar.

7) Untar ou forrar un molde de cake e verquer o
preparado.

8) Cocer durante 40 minutos.

Notas

Os tomates secos podense substituír por pementos do piquillo.

Fonte

Receita orixinal: nin idea. Pasouma miña nai.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*