Ingredientes
1/2 taza de polenta
2 tazas de auga
Un chisco de tomiño
Un chisco de sal
Un chisco de pementa branca
Elaboración
1) Ferver a auga e incorporar a polenta, o tomillo, o sal e a pementa. Remover ben e cociñar a lume lento e coa tapa da pota posta surante uns 20 minutos.
2) Pasados os 20 minutos, sacar a polenta da pota e colocala nunha fonte untada en aceite (para que non se pegue) e deixar que arrefríe ben. Pódese meter na neveira unha vez fría e deixala enfriar alí.
3) Unha vez fría, cortar a polenta imitando a forma alongada das patacas fritidas.
4) Fritir en abundante aceite.
Notas
É importante que o aceite para fritir estea moi quente. Non remover os paus de polenta ata que leven un rato no aceite, xa que de facer o contrario, pegaríanse á tixola.
Pódese acompañar de calquera tipo de salsa: barbacoa, guacamole, etc.
Fonte
Receita orixinal: Delicias veganas de Toni Rodríguez, páxina 114.