Porridge



Con Thermomix


Ingredientes

Para 2

500 ml de leite (de vaca ou vexetal)
60 gr de copos de avea grosos
1 culler sopeira de sirope de ágave

Para poñer por riba: froita de tempada, noces, canela, etc.

Elaboración

1) Poñer todos os ingredientes, agás os que son para decorar por riba, no vaso da Thermomix e programar 8 minutos, temperatura varoma, velocidade 2.

2) Sacar do vaso e servir nun prato fondo. Agregar por riba a froita seleccionada cortada en anacos e os froitos secos e espolvorexar coa canela.

Notas

Pódese facer con calquera leite vexetal.

As miñas combinacións de froitas preferidas son: caqui + mazá, plátano + pasas + noces, mazá relada + pera, mazá relada + uvas,

Os froitos secos ideais para o porridge son as noces, as améndoas sin salar, as avelás e as noces do Brasil.

Pódenselle engadir sementes de chía ou de papoula.

Pódese endulzar con azucre de coco, azucre moreno, mel ou calquera outro sirope.

Fonte

Receita orixinal: Recetario Thermomix

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*