500 gr de leite vexetal (avea, améndoas, etc.)
1/2 culler de postre de canela en pó
60 gr de mel
100 -120 gr de chía
1 chisco de sal
Froitos secos para decorar (améndoas, avelás, etc.)
Foita para decorar
Elaboración
1) Poñer no vaso o leite, a canela, o mel, a sal e mesturar 1 minuto, 37graos, velocidade 2.
2) Engadir as sementes de chía e mesturar 30 segundos a velocidade 3. Deixar hidratar no vaso durante 10 minutos e mesturar 20 segundos/velocidade 2.
3) Repartir a mestura en tarros e meter na neveira como mínimo unha hora.
4) Servir coa froita cortada en anacos e os froitos secos por riba.
Notas
Hai unha receita similar en Dimensión Vegana que aínda non probei pero que debe estar boísima.
Pódese decorar con frambuesas, arandos, fresas, peras, plátanos, etc.
Tense que comer frío. Non lle vai ben quentalo no micro.
Fonte
Receita orixinal: Revista Thermomix