Xaneiro xa vai case aló e como en case todas as casas, por aquí tamén andamos tratando de recuperarnos dos excesos de Nadal (que no meu caso foron moito e moi variados, jejeje).
Unha das cousas que fago cando intento volverme a poñer un pouco a raia é preparar reemplazos para os queixos graxos. Son moi fan do queixo e gústame usalo en moitas receitas, polo que o consumo de graxas dispárase e ademais fago uso dun produto que provén da explotación animal. Así que pasarme a unha opción vexetal é para min todo vantaxes :).
A receita que agrego hoxe a este recetario online é do blogue Danza de Fogones, que non me cansarei de recomendarvos porque prácticamente todo o que propoñen é sinxelo de facer, está riquísimo e ademáis eles fan unhas fotos das súas elaboracións que son fantásticas. Non deixedes de pasar pola súa web.
Eu estou usando esta crema de queixo vegano para untar nas tostadas pola mañá, ou para tomar un petisco a media mañá. Ten unha textura e un sabor similar ao famoso queixo Philadelphia e pode perfectamente reemplazalo en calquera elaboración.
Aló imos… dentro receita.
Ingredientes
- 500 gr de iogur de soia sen azucre
- 1/2 culler de postre de sal
- 1/2 culler de postre de cebola en pó
- 1 culler de postre de eneldo seco
Elaboración
- Colocar o iogur nunha redes ou pano e metelo dentro dun vaso de batedora para que vaia escoando e vaia quedando o líquido por un lado e o sólido por outro.
- Deixar repousar na neveira toda a noite.
- Sacar da neveira e descartar o líquido.
- Agregarlle ao iogur resultante o sal, a cebola en pó e o eneldo seco ata que quede ben mesturado.
- Pódese reemplazar o eneldo por calquera outra especia do noso gusto.
- Aguántse ben bastante tempo no refixerador.
- Reemplazando o sal por azucre e quitando o eneldo e a cebola, pódese usar como recheo das típicas tartas de queixo.