Queixo vexetal ao pimentón


Ingredientes

    200 gr de auga
    5 gr de agar-agar en pó
    45 gr de anacardos en pó, moídos
    40 gr de tofu afumado
    2 culleradas sopeiras de levadura de cervexa
    zume de medio limón
    1 culler de café de cebola frita (da do Ikea por exemplo)
    1/2 culler de café de sal
    1/2 culler de café de mostaza de Dijon
    1/2 culler de café de allo en pó

Elaboración 

1) No vaso da Thermomix poñer a auga e o agar-agar e programar 5 minutos, 100 graos, velocidade 3.

2) Incorporar ao vaso o resto de ingredientes e programar 3 minutos, velocidade 6 para que quede todo ben triturado e formando unha pasta homoxénea.

3) Antes de que arrefríe, verter a pasta nun molde untado con aceite e espolvorexado con pimentón doce.

4) Deixar arrefríar e meter na neveira ata que estea sólido.

Notas

Á receita orixinal viña con améndoas moídas e tofu brando normal, sen afumar. A cebola frita do Ikea podese reemplazar por cebola en pó.

Pódese servir en lonchiñas nun bocata, nun pinchiño con tomates cherry, por exemplo.

Aguantase bastantes días na neveira.

Fonte 

Receita orixinal: Vegetal y tal

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*