Os que me coñecedes ben sabedes que me gusta a Nocilla ata límites sobrehumanos. Pero como está claro que non é un alimento para nada saudable, andiven á procura de alternativas. O ano pasado estiven nunha casa rural vegana e tiven ocasión de aprender moito sobre alimentación. Unha das cousas que aprendín foi a facer esta receita de crema de cacao moito máis saudable que a tan utilizada Nocilla ou Nutella.
Faise usando derivados do coco que nos axudan a estimular o metabolismo queimando graxas.
Obviamente o sabor non é o mesmo, pero dádelle unha oportunidade e veredes que está moi boa.
No seu blog, Carmen, a propietaria da casa rural Caserío da Castiñeira conta todas as ventaxas que ten esta crema en comparación con outros produtos saturados de graxas e azucres. Si o queredes ler, aquí tedes toda a explicación.
Ingredientes
200 gr de avelás
50 gr de cacao crú
1 culler sopeira de pasta de vainilla ou extracto de vainilla
100 gr de aceite de coco
100 gr de azucre de coco
100 gr de leite de coco, de arroz ou de améndoas
Elaboración
1) Poñer na Thermomix todos os ingredientes, agás o aceite de coco, e tritutar a velocidade 8 ata que se forme unha pasta homoxénea.
2) Nun cazo poñer o aceite a derreter a lume baixo. Cando estea completamente derretido, agregarllo á pasta que temos na Thermomix e mesturar ben.
3) Gardar na neveira para que o aceite de coco solidifique e quede consistencia de crema para untar.
Notas
O mellor desta crema é que non causa adicción como a Nocilla :).
Para que teña consistencia de pasta ten que estar gardada na neveira.
Eu fágoa con leite de améndoas que se pode facer na casa ou mercala no Gadis.
Fonte
Receita orixinal: Caserío da Castiñeira