Regañás

u0-weu-d4-0df1cb4bbdbe4a95bc729e01f573e9ad^pimgpsh_fullsize_distr

Estas regañás están ideais para acompañar un hummus ou calquera outra cousa de mollar.

Ingredientes

  • 400 gr de fariña de trigo
  • 75 gr de auga
  • 50 gr de viño branco
  • 1 culler de postre rasa de sal
  • 100 gr de aceite de oliva virxe
  • 1 culler de postre de sementes de sésamo

Elaboración

  1. Prequencer o forno a 180 graos.
  2. Poñer no vaso da Thermomix todos os ingredientes e amasar durante 2 minutos, vaso pechado, velocidade espiga.
  3. Retirar a masa do vaso e amasala lixeiramente coas mans sobre unha superficie enfariñada.
  4. Dividir a masa en dous. Coller un dos anacos e cun rolo estiralo o máis finiño que se poda.
  5. Forrar unha bandexa con papel de forno e colocar nela a masa estirada. Cortar en anacos  de 5 x 10 cm ou do tamaño que máis se che axeite.
  6. Meter no forno durante 25 a 30 minutos, ata que estean douradas.
[box type=”tick” icon=”none”]
  • Son un snack salgado que se usa para acompañar cremas ou salsas de mollar; por exemplo para mollar no hummus.
  • Pódenselle engadir outras sementes, como liño dourado.
  • Son un vicio.[/box]
[box type=”info”]Receita orixinal: Recetario de Thermomix[/box]

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*