Segundo me indica a miña amiga Ingrid, as granadas están en tempada nesta época, polo que me mandou esta receita para a que merque no Gadis granada Mollar denominación de orixe de Elche.
A receita non pode ser máis sinxela e resultona: elegante, deliciosa, lixeira… Un gustazo que servín o día de fin de ano como postre e que sentou moi ben porque non son nada empalagosas nin pesadas.
O truco coma sempres está en empregar ingredientes de primeira calidade xa que só se necesitan catro ingredientes para facelas. Date un luxo e merca unha boa tableta de chocolate 70% de cacao e unhas améndoas marconas de primera. O resultado ben paga a pena.
Sen máis. Dentro receita.
Ingredientes
- 80 gr de chocolate negro do 70%
- 30 gr de améndoas tostadas
- 30 gr de granadas
- Sal en escamas
Elaboración
- Ao baño maría derreter o chocolate e reservar.
- Filetear as améndoas xa tostadas cun coitelo.
- Nun bol mesturar as améndoas con unha terceira parte do chocolate. Antes de facelo revisar que o chocolate estea un pouco frío ao tacto (para que sepamos que está a menos de 35 graos pero aínda líquido).
- Mestuar o resto do chocolate noutro bol coas granadas pero rexendo con coidado para que non solten a auga.
- Sobre un papel de forno ir facendo seis montonciños da mestura de améndoas e chocolate. Facelo cunha culler sopeira axudándonos de outra máis pequena un poco húmida. Logo colocar sobre cada un dos seis montonciños a mestura de chocolate e granada.
- Finalmente, pousar sobre cada montonciño un par de escamas de sal e gardar as rocas na neveira ata que o chocolate endureza. Antes de comelas, deixalas a temperatura ambiente uns 5 a 10 minutos.
Recomendacións
- Podes usar améndoas crúas e tostalas no forno a 180 durante 10 minutos. Se as mercas asegúrate que non levan sal e que son só améndoas tostadas.
- O chocolate non pode estar moi frío porque se endurecería enseguida e non permitiría formar a roca, pero tampouco moi quente porque se faría demasiado líquido e desparramaríase.
- Para un día especial eu boteilles por riba un sprai que imita o ouro.
Receita orixinal: Susi Díaz para Granadas Elche