Roscón de reis

Ingredientes

Para o prefermento:
    90 gr de fariña de forza
    50 gr de leite semidesnatado
    5 gr de levadura fresca de panadería 

Para o resto da masa:
    120 g de azucre blanquilla
    A pel de 2 laranxas
    A pel de 1 limón
    80 g de leite semidesnatado ou enteiro (ao gusto)
    1 pau de canela
    60 g de manteiga
    2 ovos
    15 g de levadura fresca
    30 gr de aroma de azahar
    340 g de fariña de forza
    1 chisco de sal

Para decorar:
    Ovo batido
    Azucre humedecido en auga
    Améndoas
    Froitas escarchadas (opcional)

Elaboración

1) Preparar o prefermento poñendo os ingredientes no vaso da Thermomix, e programando 1 minuto en velocidade espiga. Pasar a masa a un e deixalo reposar un mínimo de 3 horas fóra da neveira.

2) No vaso limpo e seco da Thermomix botar o azucre e pulverizalo programando 30 segundos en velocidade 5-10. Engadir a pel de 1 laranxa e a pel de 1/2 limón. Triturar 15 segundos en velocidade 10. Retirar e reservar.

3) Verter o leite no vaso coa pel de 1 laranxa, a pel de 1/2 limón e o pau de canela. Programar 5 minutos, 90º, xiro á esquerda e velocidade cuchara. Deixar que atempere e reservar.

4) Agora imos facer a masa. Poñer no vaso o azucre glas aromatizado coas peles e todos os ingredientes da masa, incluído o leite aromatizado e o prefermento. Programar 30 segundos en velocidade 6. Amasar 3 minutos, vaso pechado, velocidade espiga. Neste punto, podese pasar a masa a un bol e deixala fermentar na nevaira ata o día seguinte. Ao día seguinte, sácase da neveira, deixase atemperar 15 minutos; pasado ese tempo, dáselle forma de roscón e deixase levar 2 horas e despois xa se pode meter no forno. Se se quere seguir coa receta, hai que deixar levesar a masa dentro do vaso durante 1 hora (ata que saia polo bocal).

5) Espolovorexar con fariña a superficie da encimeira e volvar sobre ela a masa. Amasala a man un par de veces para quitarlle o aire. Deixar reposar 15 minutos.

6) Darlle forma de roscón e colocar a masa sobre unha bandexa de forno cuberta con papel sulfurizado.

7) Pincelar con ovo e deixar repousar unhas 2 horas.

8) Despois de 2 horas, volver a pintar con ovo e decorar con azucre humedecido en auga e améndoas laminadas.

9) Meter no forno prequencido a 200º e contar 17 minutos.

Notas

O roscón pódese conxelar tanto xa feito como en forma de bola despois do segundo levedado.

Pódese decorar con cereixas confitadas, améndoa en granillo ou laranxas naturais maceradas en azucre.

Queda moi aromátizado e non necesita nada para “mollar” porque queda moi esponxoso.

Fonte

Receita orixinal: Velocidad cuchara

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*