Salsa de tomate crudivegana

Ingredientes

1 vaso cheo de tomates secos rehidratados
1 tomate
1 pizca de romeu
1 culler de postre de tomiño
1 pìzca de menta seca
4 ou 5 pasas
1 culler de postre de sal
pementa ao gusto
5 culleres sopeiras de aceite de oliva
1 puñado de perexil (só as follas)
1 culler sopeira de zume de limón ou de vinagre
 Opcional: 1 chisco de cayena

Elaboración

1) Poñer todos os ingredientes na batedora ou na Thermomix e triturar ata obter unha salsa homoxénea.

Notas

Se se quere máis solta. pódeselle engadir medio vaso de auga.

Se se quere unha salsa tipo salsa rosa, pódeselle engadir leite de noz ou de améndoas.

Para rehidratar os tomates, só hai que poñelos con auga fría ou tépeda 2 horas antes. Se hai moita presa, con 30 minutos pode pasar a cousa.

Fonte

Receita orixinal: Dimensión vegana

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*