O seitán é gluten de trigo aderezado e usámolo moito na nosa cociña para reemplazar aos bistects, aos embutidos, etc. Pódese aliñar de moitas maneiras, pero nesta receita traio unha combinación básica.
Unha vez elaborado, o seitán pódese facer á prancha en toros, picado e pasado pola tixola, guisado en tacos… admite case calquera preparación.
Ingredientes
2 tazas de gluten
10 culleres sopeiras de pan relado
1 taza e 3/4 de auga
1/4 de taza de salsa de soia
1 culler de postre de sal
1 culler sopeira de pementón doce
Allo e perexil picado ao gusto
Elaboración
1) Poñer unha pota ampla con auga a ferver.
2) Nun bol mesturar o pan relado co gluten. Agregar o pementón e o sal. Remexer de novo.
3) Agregar a auga e a salsa de soia. Mesturar ben. Ten que quedar unha textura moi gomosa difícil de amasar. Eu neste paso méto a masa na Thermomix 3 minutos a velocidade espiga.
4) Unha vez amasado, estiralo sobre un papel film, ata que quede cun grosor de 1 cm aproximadamente.
5) Picar o allo e o pirixel moi finiño e colocalo por riba do seitán que temos estirado.
6) Enrollar o seitán formando un rulo e atar ben polas puntas, como se fose unha mortadela. facer furados cun tenedor ou cun palillo para que ao seitán lle entre auga a través do plástico. Atar ben os laterais para que non se saia o seitán.
7) Meter na pota coa auga fervendo e deixalo durante 1 hora máis ou menos. Darlle a volta de cando en cando para que se coza ben.
Notas
– O seitán obviamente é un produto non apto para celíacos pero é ideal para reemplazar a proteína animal.
– Para que quede ben firme o truco está en apretar moito o film para que quede ben compacta a masa de seitán ao botala a cocer.
– Para darlle un toque afumado pódeselle engadir fume en pó ou líquido. Eu mercoo en El cocinista (online).
– Para conservalo pódese meter nun tupper envolto no propio film da cocción ou ben metelo cun pouco de auga da cocción sen o film. Neste último caso a auga debe cubrir por completo o seitán para que non se estropee.
Fonte
Receita orixinal: Dimensión Vegana
Aquí deixo algunha foto máis de outras “vistas” do seitán.