O confinamento está traendo moita creatividade para aprobeitar os restos de cousas que van sobrando de cada comida, así que hoxe engado ao meu recetario este snack de pasta fritida que está rico rico.
Non me imaxinaba que fritir pasta cocida e engadirlle especias podía traer como resultado un snack tan prestoso de comer como calquera frito ou taki do mercado (pero por 1 cuarto do seu prezo, claro).
Se non me crees. Probao. Aquí tes a receita 🙂
Ingredientes
- 200 gr de pasta cocida
- fariña
- 1 + 1/2 culler de postre de pimentón
- 1 culler de postre de sal
- 1 culler de postre de perexil
- 1/2 culler de postre de comino en pó
- 1 culler de postre de allo en pó
- 1/ culler de postre de pementa branca/li>
- Aceite de xirasol para fritir
Elaboración
- Cando a pasta esteña fría, rebozala en fariña e poñela a fritir nunha tixola ata que estea ben douradiña. Retirar e deixar sobre un papel absorbente.
- Agregar nun bol todas as especias e mesturar ben.
- Agregar a pasta frita e mesturar ben.
Recomendacións
- O pementón podese substituír por pementón picante ou por guindilla.
- Quedan moi ben con pasta espiral ou con macarróns pero pódese usar calquera tipo de pasta.
- Nun bote de cristal, aguantan cruxintes varios días.
Receita orixinal: No es país para viejas