Tarta Sacher

Ingredientes

300 gr de fariña de trigo
225 gr de azucre moreno
1 culler de postre de sal
60 gr de cacao en pó
2 culleres de postre de levadura Royal
1 culler de postre de bicarbonato
250 ml de auga
130 ml de aceite de xirasol
marmerala de albaricoque (1 bote)
200 gr de chocolate negro ao 70%
150 gr de margarina
50 gr de aceite de xirasol

Elaboración

1) Nun bol mesturar a fariña co azucre, o sal, o cacao, o bicarbonato e a levadura Royal.

2) Engadir a auga e o aceite e bater ben ata obter unha masa fina e homoxénea.

3) Repartir en tres moldes redondos de 20 cm a masa (toca a 300 gr en cada molde) e metelos ao forno a 180 graos ata que estean cocidos (uns 20 -30 minutos).

4) Desmoldar os bizcoitos e colocar un como base da tarta. Poñerlle por riba marmelada e colocar o segundo bizcoito. Cubrir de novo con marmelada e colocar a última capa de bizcoito.

5) Fundir o chocolate ao baño María xunto coa margarina e o aceite. Emulsionar co batedor.

6) Colocar a tarta nunha reixa e recubrir ben co chocolate fundido.

Notas

Seguindo as indicacións do libro, ao finalizar o paso 4 conxelei o bizcoito, o que facilita moito botarlle a capa por riba despois. Se non se conxela non pasa nada.

Tamén se pode conxelar unha vez que lle poñemos o chocolate por riba.

Fonte

Receita orixinal: Delicias veganas de Toni Rodríguez, páxina 218.

Un comentario

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*