Tartaletas de avea e noces de Brasil

Tartaletas

Últimamente estou enganchadísima á decoración de boles con froitas e cores brillantes. En Instagram hai centos e centos de creacións a cada cal mellor. Así que eu tamén quixen poñerme mans á obra porque me parecían moi atractivos e son emllores que poñerse a cociñar pasteis e bolos constantemente (podo ser moi obsesiva con este tema dos doces).

Así que cando vin estas tartaletas de avea e noces de Brasil, non dubidei en poñerme mans á masa.

Para comezar esta andadura, lanceime a mercar os productos de Rawnice, unha empresa sueca que comercializa pó de spirulina (unha alga) e de Pitaya (unha froita tropical de cor rosa). Son completamente naturais, sen colorantes artificiais nin conservantes. Non podía ser mellor noticia porque unha das razóns polas que abandonei as decoracións de fondant foi pola cantdiade de produtos nocivos para a saúde se empregan na elaboración das coberturas e colorantes.

Os meus favoritos para este tema son Rachel Rene Lorton e José de Naturally Jo. As creacións de Rachel son moi moi coloridas e con moito brillo, mentres que as de José son máis mesuradas, moi equilibradas e serenas. Así que entre os dous consigo inspiración para o diferente estado de ánimo que poda un ter durante a semana.

Aquí vos deixo as súas contas por se vos animades a seguilos para obter inspiración.

Rachel: https://www.instagram.com/rachelrenelorton/
José: https://www.instagram.com/naturally.jo/

Iso si, xa vos aviso unha cousa, eles como recheo dos boles usan case sempre unha especie de smoothie composto por plátano conxelado con leite de coco e algo de vainilla. Queda xenial porque a textura é como a dun xeado, pero ao igual que éste último está moi moi frío e para comer por estes lares do norte de España… como que non. Non sei se no verán prestará máis pero agora coa temperatura que temos por aquí a min quedáronseme os dentes como témpanos de xeo.

Aquí vos comparto a primeira recetiña destas características.

Ingredientes

Para as bases

  • 2 tazas de copos de avea grosos
  • 1 taza de noces de pecán
  • 1 culler de postre de canela
  • un chisco de sal
  • 1/4 de taza de dátiles
  • 1/4 de taza de aceite de coco derretido
  • 1/4 de taza de sirope de ágave ou mel
  • 1 culler de postre de extracto de vainilla

Para o recheo

  • 1 taza de iogur vexetal (de coco, de soia, etc)
  • Froitas picadas
  • Foitos secos

Elaboración

  1. Prequencer o forno a 190 graos.
  2. Na Thermomix poñer a avea, as noces de Brasil, a canela, o sal e os dátiles e triturar todo ata formar unha pasta homoxénea.
  3. Agregar o aceite de coco derretido, o sirope e a vainilla e mesturar de novo ata que todo quede ben integrado.
  4. Coller catro moldes de tartaleta e color a masa nelas presionando coas mans.
  5. Meter no forno durante 15 minutos ou ata que os bordes queden dourados.
  6. Deixar enfriar antes de recehar co iogur e as froitas e despois decorar ao gusto.
[box type=”tick” icon=”none”]
  • As tartaletas sen rechear pódense gardar nun tupper durante varios días.
  • No momento que enchamos as tartaletas hai que servilas inmediatamente porque senón abrandan.
  • A decoración desta tartaleta fíxena con iogur de coco para a parte branca e iogur de coco mesturados con pó de pitaya e spirulina para as partes azuis e rosa. Os pos merqueinos en Rawnice online.
[/box] [box type=”info”]Receita orixinal: Choosing chía.[/box]

Aquí vos comparto algunhas outras creacións feitas dentro desta voráxine de decorar almorzos.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*