Trenza de brioche

Ingredientes

250 ml de leite enteiro
100 ml de aceite de xirasol
50 gr de azucre
40 gr de levadura fresca de panadería
2 ovos
650 gr de fariña de forza
1 culler de postre de sal

Para pintar as trenzas antes de metelas no forno: 1 ovo, azucre e auga.

Elaboración

1) Poñer  nun bol o aceite, o azucre e leite e remover. Meter o bol no microondas durante uns segundos para que se poña tépedo.

2) Desmenuzar a levadura e incorporala ao bol e remover ata que quede completamente disolta.

3)  Noutro bol batemos ben os dous ovos e cando estean ben batidos incorporámolos ao bol que ten o aceite, o azucre e o leite e mesturamos todo.

4) Nun bol grande botamos os 650 gramos de fariña de forza e agregámoslle a culler de sal.

5) Pouco a pouco ir incorporando o líquido do outro bol e mesturar. Amasar e formar unha bola. Deixar reposar durante 10 minutos.

6) Dividir a bola en 6 porcións (para facer 6 trenzas grandes). Despois debemos dividir cada porción de masa en dúas partes. Unha parte ten que ser o dobre da outra.

7) Para cada trenza facer dous churros, un que teña o dobre de tamaño que o outro e con eles facer a trenza.

8) Pincelaremos cada trenza co ovo batido e poñeremos por riba o azucre mollado (azucre mollado con auga). Deixar levar 1 ou 2 horas ata que dobre o seu volume.

9) Prequencer o forno a 200 graos e metelas durante 20 minutos máis ou menos.

Notas

Truco de Isasaweis para que leveden antes: meter as trenzas no forno prequencido a 50 graos durante 20 minutos.

Pódese facer tamén en forma de caricola ou calquera outra forma de doce que nos guste. 

Fonte 

Receita orixinal: Isasaweis

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*