Trigo bulgur con aceitunas e queixo feta

Foto collida do Blog de Isasaweis ata que lle saque eu unha foto ao meu bulgur

Ingredientes

250 g de trigo bulgur
400 ml de auga
4 tomates maduros
1 guindilla (opcional)
200 g de queixo feta
12 aceitunas negras sen oso
aceite de oliva, sal e pementa

Elaboración

1) Quentar a auga e incorporar o bulgur durante 5 minutos co sal.

2) Untar unha fonte de barro con aceite e verter sobre ela o bulgur escoado e dispoñer por riba os toros de tomate.

3) Salpimentar e regar cun fio de aceite de oliva.

4) Meter no forno a gratinar durante 5 minutos (co forno prequencido).

5) Retirar e incorporar o queixo feta en dados e as aceitunas negras en cachiños.

6) Meter no forno outros 5 minutos e retirar. Servir quentiño.



Notas

Non salar moito porque o queixo feta xa é bastante salgado e as aceitunas negras tamén. 

Fonte

Receita orixinal: Blog de Isasaweis

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*