3/4 taza de garabanzos cocidos (valen os de bote)
1 taza de dátiles en oso.
1 e 1/2 culler sopeira de sirope de ágave
1 culler de postre de esencia de vainilla
1/2 taza de améndoas crúas
2 culleres de postre de cacao amargo en pó
1 taza de coco relado
1 ou 2 culleres de postre de ron (opcional)
cacaco e coco para rebozar
Elaboración
1) Procesar na batedora ou Thermomix os garabanzos, os dátiles, o sirope e a vainilla.
2) Agregar os restantes ingredientes e procesar ata que quede unha masa firme.
3) Coas mans humedecidas facer as trufas e rebozar a metade no coco relado e a outra metade no cacao en pó.
4) Deixar uns minutos na neveira para que collan un pouco de consistencia.
Notas
En lugar de sirope de ágave pódese empregar mel de máiz, estevia líquida ou mel.
Fonte
Receita orixinal: Dimensión vegana