Trufas veganas

Trufas veganas

Fai unhas semanas merquei un Bento para mandarlle a Basi cousas que fago de media mañá cando vai ao traballo. E buscando ideas atopei Pick Up Limes. Un blog cheo de ideas saudables, sinxelas e con ingredientes fáciles de atopar.

Esta é unha das receitas que fixen estas semanas e que deu moi bo resultado para incluir no Bento. Resisten moi ben o transporte.

Dentro receita.

Ingredientes

  • 125 gr de anacardos remollados
  • 75 gr de noces remolladas
  • 25 gr de fariña de algarroba ou cacaco en pó
  • Un chisco de sal
  • 15 dátiles sen pebida (mellor Medjool)
  • Avelás picadas, cacao nibs (opcional)

Elaboración

  1. Poñer todos os ingredientes nun procesador (eu uso a Thermomix) e triturar ata que se forme unha pasta densa. Agregar froitos secos picados se se quere.
  2. Mollar as mans e ir facendo boliñas.
  3. Rebozalas en cacao unhas e en coco relado outras e reservar na neveira.
Recomendacións
  • Ideais para levar de snack de media mañá nun Bento.
  • Podeselle agregar un chisco de vainilla ou mesmo canela en pó.
  • Quedan tamén moi ben con frambuesas liofilizadas.
[box type=”info”]Receita orixinal: Pick Up Limes.[/box]

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*