Xeado de plátano

20150515_153651-1

Esta receita é simplemente espectacular. En serio. Parece unha auténtica chorrada porque só leva plátano, pero o efecto que produce batelo a gran velocidade despois de telo conxeado produce un xeado de gran textura e moi cremoso. Iso si, é importante empregar unha procesadora que teña potencia para que faga ben o triturado e lle confira a textura axeitada.

Non é broma, probádeo porque vos vai sorprender e máis san non se pode: nade de azucre, nada de nata, nada de lácteos, nada de nada, só plátano. Canto máis maduro o plátano, mellor.

Coma sempre, recomendo que vos pasedes polo blog de Danza de Fogones que ten unhas fotos preciosas desta receita.

Dende logo na miña mesa non vai faltar este xeado este verán. Nin este, nin outras alternativas inspiradas no libro de xeados de Elka que xa estou probando. Se queredes desfrutar dunha alterativa verdadeiramente saudable aos xeados convencionais este verán, xa estades tardando en facervos co fantástico ebook de Lala Kitchen – xeados naturais.. Costa só 12,90 € e eu que xa o merquei podo dicirvos que merece realmente a pena por toda a información que aporta sobre cómo facer xeados máis equilibrados nutricionalmente.

De todos modos, un xeado, aínda que sexa vegano e saudable, sempre é un produto para consumir con moderación e de cando en cando. Non pensedes que por ser un produto vegano podemos comer 3 ao día eh!!

Mentre snon se inventen os xeados adelgazantes, poderemos seguir comendo sen culpa con estas pequenas delicias.

Xa me contaredes.

Ingredientes

  • 6 plátanos maduros

Elaboración

  1. Cortar o plátano en toros pequenos e metelos nun recipiente ou bolsa dentro do conxelador.
  2. Deixar que conxelen polo menos 8 horas.
  3. Sacar do conxelador e poñer no vaso da Thermomix. Dar tres golpes de turbo e despois bater a velocidade progresiva 5-10 durante aproximadamente 1 minuto, ata que a papa de plátano colla textura de xeado de vaso.
  4. Facer bolas e poñerlle un sirope por riba, noces, etc.
[box type=”tick” icon=”none”]
  • Pódese facer o mesmo proceso con outras froitas como o mango ou as fresas e facer unha bola de xeado de cada tipo.
  • Non agregar azucre. Está suficientemente doce por él mesmo.
  • Para min está perfecto recén feito. Se unha vez feito o metes no conxelador, para o meu gusto xa perde un pouco. Non probei a pasalo pola máquina de facer xeados.
[/box] [box type=”info”]Receita orixinal: Danza de fogones.[/box]

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*