Ingredientes
700 g de xudías verdes
4 ovos
2 tomates vermellos
1 cebolleta
100 ml de aceite de oliva
1 cullerada sopeira de vinagre de Xeréz
Sal e pementa negra
Elaboración
1) Pelar as xudías e cortar en tiras.
2) Cocelas ao vapor durante uns 15 minutos e despois deixalas arrefriar.
3) Escaldar os tomates en auga quente, pasalos por auga fría e quitarlles a pel e as sementes. Desmenuzar a pulpa e reservar nun bol cunha cullerada de café de sal e pementa. Emgadir a cebolleta picada e emulsionar co aceite e co vinagre.
4) Bater os ovos e salpimentar. Preparar un revolto cunha cullerada de aceite de oliva deixándoo ben calladao.
5) Poñer as xudías cocidas nunha fonte, engadir o revolto e regar coa vinagreta por riba. Remover e servir o prato frío.
Notas
Templadiño tamén están bon.
Fonte
Receita orixinal: Suplemento Nº 156 de Casa Diez, Cocina Diez, páxina 24.