Arroz iraní

Arroz iraní

Este pasado domingo 29 de maio celebramos en Ortigueira a primeira edición de Gastro-Ortegal. Pretendía ser un evento gastronómico no que vincular a foráneos e locais arredor da comida. A idea era que as persoas de fóra cociñases algo propio do seu país ou rexión e que o compartisen cos asistentes para xerar un diálogo arredor das diferentes culturas presentes no evento.

Penso que en parte se logrou aínda que, coma sempre, moitas cousas poden mellorar. Se queredes ver as fotos do evento, podedes facelo aquí.

O caso é que para colaborar, miña nai elaborou un arroz iraní que gustou moito. Asíq ue hoxe comparto con vós esta receita dun arroz diferente e cun toque exótico.

Bo proveito.

Ingredientes

  • 50 gr de albaricoques secos
  • 30 gr de figos secos
  • 50 gr de cirolas pasas sen oso
  • 30 gr de noces
  • 20 gr de aceitunas verdes sen oso
  • 80 gr de cebola
  • 50 gr de pemento verde
  • 1 dente de allo
  • 50 gr de aceite de oliva
  • 250 gr de arroz de grao longo (basmati por exemplo)
  • 700 gr de auga ou caldo de verduras
  • 1 plátano

Elaboración

  1. Poñer no vaso os albaricoques, os figos, as cirolas, as noces e as aceitunas e trocear durante 5 segundos en velocidade 5. Retirar do vaso e reservar.
  2. Sen lavar o vaso da Thermomix, agregar a cebola, o pemento e o allo e programar 3 segundos en velocidade 5. Coa espátula baixar os restos cara as coitelas, engadir o aceite e sofritor 5 minutos a temperatura varoma, xiro á esquerda, velocidade cuchara.
  3. Incorporar os foitos secos que tiñamos reservados e programar 2 minutos, 100 graos, xiro á esquerda, velocidade 1.
  4. Agregar o caldo e programar 15 minutos a 100 graos co xiro á esuqerda e velocidade 1.
  5. PIcar o plátano en toros e esparexer por riba do arroz para presentalo nunha fonte.
[box type=”tick” icon=”none”]
  • Este arroz tamén sabe ben frío.
  • As cirolas pasas son das grandes, non uvas pasas.
  • É un prato contundente polo que enche moito.
[/box] [box type=”info”]Receita orixinal: libro arroces del mundo de Thermomix.[/box]

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*