Berenxenas recheas de bulgur


Ingredientes

2 berenxenas grandes (aprox. 700 g)
½ taza de trigo bulgur
½ pemento vermello (mediano)
½ pemento verde (mediano)
2 champiñóns grandes
1 dente de allo machacado (sen nervio)
un chisco de pementa negra
2 culleradas sopeiras de aceite de oliva
½ cullerada de postre de sal
1 cullerada sopeira de cilantro fresco picado (o pirixel)

Elaboración

1) Prequencer o forno  a 200ºC.

2) Lavar as berenxenas e cortalas pola metade. Facerlles cortes en cadradiños para facilitar a coción. Rebozalas con sal e deixalas reposar 30 minutos para lles quitar o amargor. Pasado ese tempo, lavalas ben e metelas no forno durante 40 ou 45 minutos.

3) Mentres se fan as berenxenas no forno, poñer a ferver 1 taza e ½ de auga. Cando comece a ferver agregar o bulgur, remover ben e deixar que se coza coa tapa levantada durante 6 ou 7 minutos. Despois retirar do lume  e deixalo reposar mentres preparamos os restantes ingredientes.

4) Lavar os pementos e os champiñóns e picalos en anaquiños pequenos.

5) Poñer aceite nunha tixola e saltear primeiro os pememtos e despois engadirlles os champis, o allo e a pementa. Doralo todo xunto durante 4 ou 5 minutos.

6) Retirar a carne das berenxenas e agregala ao que temos na tixola. Saltear todo xunto un par de minutos. Engadir o trigo bulgur, o cilantro e o sal e mesturar ben.

7) Encher as berenxenas coa mestura anterior e servir.

Notas

Ollo co sal. Non botar ata o final porque ás veces co sal que se lle bota para desamargalas xa é suficiente.

Pódese aproveitar o tempo do forno das berenxenas para meter máis das que precisamos e reservar a súa carne para facer patés vexetais. 

Fonte

Receita orixinal: Creativegan

Un comentario

  1. Mari Puri

    Isto hai que probalo !

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*