Callos vexetarianos

Que toca facer un domingo de outono en Galicia? 1, 2, 3 responda outra vez…

Exacto: callos!

Esta semana, froito da colaboración entre “Chemán” (o home do tempo de Etiquefasnoortegal) e Kike de Bron Horta Natural, tiven a sorte de poder degustar una caixa de varias setas de tempada. Unha das setas que viña no lote era a denominada “lingua de vaca”.  Nunca a cociñara antes pero dada a súa consistencia (ten uns peliños como simulando as papilas da lingua dunha vaca), pensei que lle podía ir moi ben a unha preparación de callos. Así que púxenme mans á obra e localicei unha receita en Zaca y a Zampar que adaptei un pouco para facer uso das setas e máis da miña súper Thermomix da alma ;).

O resultado 100% satisfacción dos comensais que deron o seu aprobado unánime. Aínda me falta que os probe meu pai, así que de momento aínda non teñen o “Emiliano´s Approval Seal” 🙂

Ingredientes

  • 1 pemento verde
  • 1 cebola
  • 2 dentes de allo
  • 100 gr de tomate frito caseiro
  • 500 gr de setas lingua de vaca
  • 1 bote de garabanzos cocidos (440 gr aprox)
  • 500 ml de caldo vexetal
  • a metade dunha caiena
  • 1 culler sopeira de pementón doce
  • 1 cravo
  • 1 folla de loureiro
  • 50 gr de aceite de oliva
  • media culler de postre de sal

Elaboración

  1. Poñer na Thermomix o pemento, a cebola e os allos e triturar 5 segundos en velocidade 4.
  2. Agregar o aceite e sofritir 10 minutos, temperatura varoma, xiro á esquerda, velocidade culler.
  3. Engadir o tomate, a caiena e o pementón doce e mesturar todo 4 segundos en velocidade 3.
  4. Engadir as setas cortadas grosas, ao caldo, a folla de loureiro, o sal e o cravo. Programar 3 minutos, varoma, velocidade culler.
  5. Engadir os garabanzos e programar 10 minutos, 100 graos, xiro á esquerda, velocidade culler.
  • Desta volta non tiña comino nin tomillo, pero botareillos para a próxima porque seguro que lle dan un punto rico.
  • Tamén se podería usar unha cullerada de especias para callos.
  • As setas pódense reemplazar por 300 gr de seitán.
  • Iríalle moi ben mesturar tamén algúns boletus.
Receita orixinal: Zaca y a Zampar

 

 

2 Comments

  1. Los he echo varias veces y estan de muerte relenta , con tu permiso me he suscrito para recibir tus recetas en mi correo y no perderte la pista tienes unas recetas muy interesantes ,me ha encantado conocer tu blog al cual he llegado gracias a Maria Luisa.
    Bicos mil wapa.

    • Alégrome de que che guste. Dentro de pouco teño pensado pasalo a un sitio máis profesional con mellor aspecto e algunhas receitas en vídeo. Xa te avisarei cando me cambie.

      A ver se me animo a facer algún dos teus biscoitos 😉

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*