Copa menstrual Lily Cup, Ammo e Enna Cycle

Copa menstrual Lily cup

Un día púxenme a pensar en que ao longo da miña vida fértil ía usar unha cantidade inxente de compresas e tampóns. Iso, ademáis dun gasto, supoñía unha cantidade impresionante de residuos plásticos que inevitablemnete irían a parar aos nosos mares e non farían máis que empeorar a situación do noso planeta.

Ademáis estaba totalmente asqueada coa cantidade de produtos químicos e blanqueadores que incorporaba cada un dos panos que usaba durante a miña regla.

De modo que comecei a buscar pola rede alternativas e cheguei ás compresas de tela rehusables. Nun inicio pareceume unha boa alternativa xa que con elas reducía drásticamente a cantidade de plásticos que xenero.

Así que botei varios anos usando compresas de tela (que mercaba online en Crianza Natural) pero seguía habendo peros: lavar as comprensas era un rollo, ao igual que as compresas de tela, despedían un cheiro desagradable despois de usalas varias horas (aínda que non tanto como o das de plástico) e se me cambiaba varias veces ao día, tiña que metelas nunha tina para que o sangue non se secase. Se estaba fóra da casa, tiña que gardar a compresa nunha bolsa hermética e agardar a chegar a casa para lavala. Vamos que era un pouco práctico.

Así que seguín buscando alterantivas ata que atopei a copa menstrual. Facía bastantes anos xa mercara unha en plan experimental nunha feira de Biocultura en Madrid pero non tivera moi bos resultados co seu uso. Nembargantes as novas copas parecían máis suaves e anatómicas que aquela primeira Diva Cup. Así que me decidín a probar novamente e non podo estar máis contenta coa decisión.

Inicialmente escollín dúas para probar: Ammo e Enna Cycle. As dúas merqueinas na farmacia.

Inicialmente escollín Enna Cycle porque traía dúas copas, un aplicador e tiña un fio moi longo colgando da base que permitía localizar sempre en que posición se atopaba a copa. Porque igual che sona a coña pero a primeira vez que a puxen pensei que morría do agobio porque non era capaz de atopala e sacala. Case me da un patatús e púxenme nerviosa pensando que tería que ir a urxencias a que ma quitasen porque o vía totalmemte imposible, jajajaja. Ao final non houbo drama e a copa saiu perfectamente pero non me quedaron gañas de probar durante un par de meses. Por iso, a seguinte vez que o volvín intentar apostei por Enna para ter localizada en todo momento a dichosa copiña cando estivese dentro do meu corpo. Non obstante, cando xa fun collendo soltura e xeito, deixei de usar o aplicador e para sacala, ao ter só unha boliña pequena pola que tirar, resultabame moito máis complexo que a Ammo. Así que deixeina de usar.

Finalmente, depois de probar e probar, decidinme pola copa Ammo porque me parece máis práctica e sinxela de extraer. A miña costou 30 € e merqueina na farmacia do meu pobo.

Esta é a copa Ammo.

Copa mesntrual

Para comprender un pouco mellor como funcionaba todo o asunto, botei unha chea de tempo vendo vídeos no Youtube e escoitando video reviews de centos de blogueiras. Ahí foi onde me sentín máis segura xa que ao principio a idea que se transmitía era que era súper fácil poñela e quitala e a min non me resultou nada fácil poñela nin quitala as primeiras veces. Saber que a moitas outras mulleres lles pasaba o mesmo, foime de axuda. Así que, tranquilla. Se non che sae á primeira, deixao e proba noutra ocasión, ao final acabarás poñéndoa moi fácilmente.

As vantaxes de usala son increíbles. Algunas son:

  • cero gasto plástico cada mes xa que a copa dura ata 10 anos.
  • cero olores. Como todo se garda na copa e non entra en contacto co aire non se produce oxidación.
  • comodidade. Podoa levar ata 12 horas seguidas polo que podo durmir con ela ou pasar todo o día no monte sen ter que cambiarme.
  • incrementa a miña comodidade porque parece que non levas nada en lugar de ir co “pañalote” de compresa.
  • coido do medio ambiente porque a copa non contén produtos químicos nin blaqueadores.
  • non altera o ph vaxinal polo que se reducen os problemas de fungos ou infeccións.
  • aforro cartos porque non gasto de produtos desbotables cada mes
  • nunca me quedo sen recambio porque a copa está sempre ahí
  • Anímaste a usala? Se aínda non o tes claro, de entre todos os vídeos que consultei antes de mercar a miña primeira copa, o mellor informado, práctico e ilustrativo é este que deixo aquí. Agardo que che sirva de axuda se algún día decides usala.

    E este outro sobre cómo sacala:

    Por nós, polo plantea… cambiate á copa menstrual 😉

    ****** EDITADO o 15/02/2018 *******

    Cando xa lle tiña pillado o tranquillo á copa Ammo, notaba que o tallo que tiña era demasiado longo e molestábame. Tamén me resultaba complicado colocala perfectamente evitando calquera pérdida, polo que sempre andaba pendente xa que manchaba un chisquitín de nada.

    Así que merquei unha terceira copa: a Lily Cup de Intimina. Costoume 30 €. A diferenza entre esta copa e as outras dúas que probara é abismal. A Lily Cup é moi moi suave, ten un tallo de tamaño perfecto e a parte superior está inclinada e ten un reborde para evitar desbordamentos.

    Dende que cambiei a Lily Cup Tamaño A (o modelo rosa pálido) xa non tiven pérdidas e sei perfectamente cando se abre e cando non. Resulta máis sinxelo xirala e sacala é pan comido.

    Ademáis a casa que fabrica a Lily Cup, Intimina, ten tamén un modelo para principiantes: a Lily Cup One. Así que se eres nai/pai, tío/tía, madriña/padriño… o próximo agasallo para facerlle a esa quinceañeira é este produto porque literalmente vaille cambiar a vida. Ougallá a min me houbesen axudado a usala cando era máis nova.

    En resumidas contas e para ir rematando, a miña recomendación a día de hoxe se tivese que recomendar qué copa comprar, sen dúbidas sería este modelo de Lily cup:

    Copa menstrual Lily cup

    2 Comments

    Deixa un comentario

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    *