Crumble de fresas

Foto de crumble de fresas

Aquí deixo outra receita doutro blog que atopei e do cal son xa fiel seguidora: Ela Vegan. Ten unhas cousas xenias, sinxelas de facer e moi saudables se nos queremos dar un día un capricho doce.

Agora que estamos na tempada das fresas, apetece moito unha receitiña deste tipo. Así que, aquí queda.

Ingredientes

Para a masa

  • 205 gr de copos de avea finos
  • 120 gr de fariña de améndoa
  • 90 gr de fariña de avea
  • 80 gr de plátano esmagado
  • 80 de sirope de ágave ou de arce
  • 60 gr de leite de coco
  • 2 culleres de postre de levadura Royal

Para o recheo de fresa

  • 450 gr de fresas
  • 105 gr de sirope de ágave ou arce
  • 2-3 culleres de postre de zume de lima ou de limón
  • 5 culleres de postre de sementes de chía
  • 3 culleres de postre de maicena

Elaboración

  1. Poñer nunha tixola todos os ingredientes do recheo e levar a ebullición. Deixar que vaia espesando durante uns 5 ou 10 minutos removendo de cando en cando para que non se pegue.
  2. Nun bol mesturar todos os ingredientes da masa (coas mans ou mesmo coa Thermomix).
  3. Nunha fonte para forno previamente engrasada, colocar 2/3 da masa e colocarlle por riba o recheo de fresas.
  4. O resto da masa colocalo por riba en forma de “crumble”, como se fosen pegotes do tamaño dun cacahuete.
  5. Cocer no forno prequencido a 180 graos durante 20-25 minutos.
  • O leite de coco que usei é o que venden no Gadis que ven nunha lata e ten bastante cremosidade.
  • Antes de tomalo, é mellor deixalo repousar un pouco fora do forno. Aguante ben de un día para outro.
  • Pódese facer con recheos de outras froitas como mazá/canela ou de pera.
Receita orixinal: Ela vegan.

Aquí vos comparto un par de fotos máis para que vexades o molde que usei.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*