Grissini

A foto é ben mala, xa o sei, pero teño a cámara estropeada e esta está sacada co meu móvil… pero podo asegurar que os grissinis estaban boísimos e foron todo un éxito.

Ingredientes

 50 g de queixo emmental
100 g de auga
10 g de levadura fresca de panadería
30 g de aceite de oliva
220 g de fariña de forza
1 culer de postre de sal
1/2 culler de postre de lecitina de soia
2 culleres de postre de ourego
2 culleres de postre de sésamo branco
1/2 culler de sementes de papoula


Elaboración

1) Poñer o queixo no vaso e relalo programando 10 segundos velocidade 5-10. Retirar do vaso e reservar.

2) Poñer no vaso a auga, a levadura e o aceite e programar 1 minuto a 37 graos velocidade 2.

3) Engadir o resto de ingredientes (menos o queixo) e programar 30 segundos a velocidade 6. Seguidamente programar 1 minuto co vaso pechado e velocidade espiga.

4) Retirar a masa do vaso e introducir a masa nunha bolsa de conxelación e deixar reposar na bolsa pechada durante 30 minutos para que fermente.

5) Prequencer o forno a 200º.

6) Estender a masa en forma de rectángulo (faise ben co rodillo) e deixala ben finiña. Cortar tiras en forma de pau alongado.

7) Retorcer cada unha das tiras cortadas e colocalas na bandexa do forno forrada con papel vexetal.

8) Espolvorexar co queixo emmental.

9) Baixar a temperatura do forno a 180º e intruducir os grissini durante 15 minutos.

Notas

Con esta receita saen uns 45- 50 grissinis.

Non collen todos nunha soa fornada, así que hai que metelos en varias fornadas para que vaian espaciados e non se peguen.

Hai que retirar o queixo sobrante do papel vexetal antes de volver introducir unha segunda fornada porque senón queimase e da moi mal olor.

Hai que facelos o máis finiños posibles, porque se se fan moi gordos coce a miga e quedan como un pan, cando o que se busca é que queden ben cruxintes.

Fonte

Receita orixinal: Blog Cocinando con Thermomix Málaga

Un comentario

  1. Menudo luxo! Os da Piccolo quedan a altura dos pes ao lado destes

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*