Mac & Cheese vegano (macarróns con salsa cremosa)

Mac and Cheese

O queixo e o leite de vaca son dous dos produtos que máis me gustan. Se volvo a vista cara atrás, nin sequera lembro a primeira vez que os probei. Levan toda a vida formando parte do meu abano de sabores deliciosos e asociados a platos da miña infancia. Por iso me resulta especialmente dificil deixar de comer este tipo de produtos tal e como os coñezo.

Sí amigos, para fabricar queixo e leite a día de hoxe tal e como os consumimos é necesaria a explotación animal (ver Empatía) e medioambiental (ver Cowspiracy)

Nun intento por reducir ao máximo posible (ou erradicar se fose posible) o consumo de derivados animais o que inclúe queixo e leite, atopei esta receita da famosa receita americana e inglesa dos “Mac & Cheese” e aprobeitando o domingo púxenme mans á obra. O resutado gustoume moito e saber que podo disfrutar dun plato sabroso sen sufrimento animal fixo que desfrutase dobremente do descubrimento.

Coma case todas as receitas que busco, faise nun periquete e a pena require grandes habilidades na cociña. O único: ollo con pasarse coa cantidade de salsa en proporción cos macarróns. Non se trata de facer unha sopa con macarróns, senó de impregnalos lixeiramente.

Xa me contaredes se vos gusta ou se tedes algunha receita mellor.

Dentro receita de Mac & Cheese vegano.

Ingredientes

  • 4 patacas medianas
  • 2 cenorias
  • 1/2 cebola
  • 1/2 taza de levadura de cervexa
  • 1 taza de anacardos crús
  • 2 culleres de postre de allo en pó
  • 2 culleres de postre de sal
  • 1 culler de postre de paprika (opcional)
  • 1 culler de postre de mostaza (opcional)
  • 1 paquete de pasta tipo tiburón

Elaboración

  1. Pelar as patacas, as cenorias e as cebolas e poñer auga a ferver nunha pota.
  2. Agregar as patacas e cocer 3 min. Logo agregar as cenorias e cocer 5 min. Finalmente agregar a cebola e cocer durante 7 minutos máis ou ata que a pataca estea branda. Logo retirar da pota escoando as verduras.
  3. Na Thermomix mesturar todos os ingredientes: patacas, cenorias, cebola, levadura, anacardos, allo en pó, sal e os opcionais. Triturar e ir agregando auga da cocción ata que quede unha salsa cremosa (máis ou menos dúas tazas de auga).
  4. Mentres, cocer a pasta ao dente e escoar.
  5. Mesturar a salsa cos macarróns suavemente e servir inmediatamente.
  • A salsa ao secar queda un pouco pringosa así que é un prato para facer no momento. Non queda moi ben ao día seguinte de estar na neveira.
  • Os anacardos podense deixar a remollo 8 horas para que fagan un efecto máis cremoso.
  • Tamén se lle pode agregar unha culler de postre de cebola en pó para un extra de sabor.
Receita orixinal: Lauren Jade.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*