Pan de hamburguesa

Ingredientes

300 g de leite enteira
1 cullerada sopeira de azucre
50 g de aceite de oliva
25 de levadura fresca
1 ovo
500 g de fariña de forza
1 cullerada de café de sal
1 cullerada sopeira de vinagre
sementes de sésamo para decorar

Elaboración con Thermomix

1) Poñer no vaso o leite, o azucre e o aceite e programar 1 minuto, temperatura 37 graos, velocidade 2.

2) Engadir a levadura e o ovo e programar 5 segundos, velocidade 4.

3) Agregar a fariña, o sal e o vinagre. Programar 5 minutos, vaso pechado, velocidade espiga.

4) Deixar reposar a masa no vaso ata que dobre o seu volume (máis ou menos 1 hora).

5) Prequencer o forno a 180 graos.

6) Abrir a tapa da Thermomix e coa espátula baixar a masa para quitarlle un pouco de aire. despois, programar 30 segundos, vaso pechado, velocidade espiga.

7) Levar a masa á superficie de traballo coas mans humedecidas. Facer bolas do mesmo tamaño (exemplo: 80 g.). Colocar as bolas nunha bandexa de forno forrada con papel de forno e deixar reposar a masa uns 15 minutos.

8) Pintar con ovo batido e espolvorexar con sementes de sésamo.

9) Meter ao forno durante 15 minutos.

Notas

Pódense conxelar unha vez saídas do forno, cando arrefríen.

Fontes

Receita orixinal: Recetario Thermomix

4 Comments

  1. Bora, Lola e eu desexámoste moita sorte co blogue e disfrutaremos moito non só seguindo as novas que colgues, senón tamén papando as probas que fagas.

    Un bico e varias lambidas

    Muac

  2. pitita ridruejo

    Si sólo comes el pan sin la hamburguesa, por qué lo llamas pan de hamburguesa?? Serendipia??

  3. Noraboa polo blogue…moito ánimo nesta nova andaina…xa nos farás algunha receita…

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*