Parmesano vegano

Parmesano vegano

Unha das cousas que máis me gustan é o queixo. Encántame en case todas as súas variedades. Por iso agora que ando tratando de reemplazar os queixos por opcións veganas, encántame atopar receitas que sexan tan sinxelas como esta do parmesano vegano e que as poda facer nun periquete.

Este preparado que simula un queixo parmesano relado queda estupendo cos espaguettis e con calquera cousa que se queira meter ao forno para gratinar.

Ingredientes

  • 150 gr de anacardos sen tostar e sen sal
  • 4 culleres sopeiras de levadura de cervexa
  • 1 culler de postre de sal marina fina
  • 1 culler de postre de allo en pó

Elaboración

  1. Introducir todos os ingredientes na procesadora (eu uso a Thermomix) e triturar ata que teña o aspecto de queixo relado.
  • Non triturar durante moito tempo porque coa calor do procesado os anacardos comezan a botar aceite e queda unha pasta en troques de quedar coa textura dun queixo en pó.
  • Hai outra versión parecida que tamén probei e que podedes facer con esta receita de Dimensión vegana.
Receita orixinal: Danza de Fogones.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*