Rosquillas de cereixas confeitadas



Ingredientes
(saen unhas 15 -18 unidades)


115 g de manteiga
85 g de azucre
1 xema de ovo
a reladura da pel de medio limón
200 g de fariña de repostería
50 g de cereixas confeitadas picadas finas

Para a glasa

85 g de azucre glas
1 cullerada sopeira e media de zume de limón



Elaboración

1) Quecer o forno a 200 graos e engrasar a bandexa do forno.

2) Bater a manteiga co azucre ata que quede unha mestura esponxosa e de tono claro. Agregar a xema de ovo e a reladura do limón sen deixar de bater.  


3) Tamizar a fariña sobre a mestura e remover. A seguir engadir as cereixas e mesturalas coas mans ata obter unha masa suave.


4) Estender a masa coa axuda do rodillo sobre unha superficie enfariñada ata que quede con 5 mm de grosor. Fomar círculos de 8 cm de diámetro cun cortapastas.

5) Retirar o centro de cada un dos círculos con outro cortapastas de 2,5 cm de diámetro e colocar as rosquillas nas bandexas de forno.

6) Cocelas no forno entre 12 e 15 minutos ata que estean firmes e douradas.

7) Deixar que se arrefríen na bandexa durante 2 minutos e despois pasalas a unha rexilla para que se enfríen completamente.

8) Cando estean frías podemos aplicar o glaseado. Para facelo mesturar o azucre co zume de limón  ata formar unha pasta homoxénea e cubrir as rosquillas. Deixar reposar ata que solidifique o glaseado.

Notas

Non pasalas moito no forno porque senón quedan moi duras e non saben tan ricas.

Fonte

Receita orixinal. Libro Paso a paso, repostería y panadería.

2 Comments

  1. A garrafa da foto, pra qué é?

    • A garrafa é para poñer nela a glasa e despois esparexela por riba das rosquillas. Ahí nesa foto non se ve, pero ten unha boquilla que permite que a glasa saia coma un fio.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*