Albóndegas de berenxena de Paulina

Albóndigas de Paulina

O acento arxentino sempre me pareceu “requete simpático che”, así que perdendo rumbo o outro día polo “internete” acabei cun vídeo da simpática Paulina no que animaba a probar unhas albóndigas vexetarianas de berenxena. Coa gracia que tiña non me puiden resistir, así que fixémolas na casa (neste caso a cooking hand foi de miña nai) e o resultado non puido ser máis satisfactorio.

Están en dúas palabras (como dicía o Jesulín) IM- PRESIONANTES.

Eu probeinas con e sen queixo mozarella, con e sen salsa de tomate, frescas e desconxeladas e a miña nota final é un 10. Son rápidas, sinxelas, con poucos ingredientes, resultonas e permiten facer un pouco de batch cooking que está tan de moda agora (o de cociñar os domingos para toda a semana, vamos).

Ademais, recoméndovos totalmente o vídeo de Paulina porque o seu xeito de explicar o procedemento é moi ameno e con moita gracia.

Ingredientes

Para unhas 12 albóndigas

  • 1 berenxena grande
  • 1/2 taza de queixo relado
  • 1/2 taza de pan relado
  • 1 clara de ovo
  • allo en pó
  • Sal
  • Pementa

Elaboración

  1. Laminar a berenxena e espolvorexar con sal. Deixar repousar para que bote a auga e o amargor durante 30 minutos.
  2. Lavar as berenxenas para retirar o exceso de sal e colocar nunha servilleta de papel apra secar ben.
  3. Cociñar as láminas de berenxena nunha tixola con moi pouco aceite ata que queden douradas e deixar entibiar.
  4. Triturar na Thermomix xunto coa sal, o queixo, o pan relado, o allo en pó e a pementa. Triturar ata formar unha pasta lista. Poñer esta mestura nun bol.
  5. Agregar a clara de ovo.
  6. Humedecer as mans con auga e ir facendo as bolas de albóndiga. Pasalas por pan relado.
  7. Fritir na tixola con moi pouco aceite ata que queden douradas. Sacalas a un plato con papel para escoar o exceso de aceite.
[box type=”tick” icon=”none”]
  • No paso 5 podenselle engadir noces picadas.
  • Nunha pota podese poñer tomate caseiro, agregar as albóndigas e trocear mozarella por riba. Cociñar todo xunto un anaco, espolvorexar con perexil e servir.
  • Conxelan super ben e están moi ricas simplemente requentadas na tixola ou nunha pota con tomate.
[/box] [box type=”info”]Receita orixinal: Paulina Cocina.[/box]

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*