Salsa caseira de tomate fritido

Salsa de tomate

Como seguro xa vos contei noutras ocasións, o meu amigo Kike ten unha horta ecolóxica. Agora como novidade, todos os xoves no mercado de Ortigueira pon o seu posto de verduras no que se poden mercar os seus produtos de primeira calidade.

Como cada ano por estas datas, a horta de Kike produce un exceso de tomates de boísima calidade e son eses tomates, xa un pouco maduros para o consumo en ensalada, os que eu merco para facer acopio de salsa de tomate caseira que desfrutaremos ao longo de todo o ano nas nosas pizzas, pistos, platos de pasta, etc.

Para facer a salsa de tomate, sigo case ao pé da letra a receita de Velocidad Cuchara, so que eu non lle engado azucre e incremento un chisco a cantidade de cenorias para contrarrestar a acidez da salsa.

Facer a salsa de tomate na casa ten a vantaxe de que reducimos ou eliminamos por completo o azucre engadido (oculto) que teñen as salsas procesadas. Si amigos, as salas de tomate conteñen mooooooooooooito azucre. E como xa sabemos que a nosa dieta vai ben pasadiña desta “droga moderna”, que mellor que tratar de recudir a súa presencia naquelas elaboración que podamos, non si?

Por se non me creedes, aquí vos deixo unha imaxe do proxecto sinAzucar.org no que podedes ver a cantidade de azucre libre que contén unha salsa de tomate fritido do supermercado.

Imaxe de sinAzucar-org

Visto o visto, eu opto por facela na casa xa que ademáis é moito máis rica. Uso a receita que vos comparto máis abaixo e logo fago un envasado ao baleiro seguindo estes sinxelos pasos:

– Nunha pota poño tarros de cristal (mercados ou reciclados de outros produtos) e engádollos auga para ferver. Deixo que fervan uns 10 a 15 minutos e logo sacoos e deixoos escoar nun pano limpo. As tapas dos botes tamén pasan por esta fase de esterilización.

– Logo fago a salsa e cando aínda está quente botoa nos tarros de cristal, póñolles a tapa e póñoos boca abaixo para asegurarme de que quedan ben selados. Facer esto coa salsa en quente xa axuda a que o proceso de hermetización funcione mellor.

– Finalmente poño un pano no fondo dunha pota, coloco os botes coa tapa cara arriba dentro da pota e curbo con auga quente. Fago que ferva e deixo fever durante uns 20 minutos aproximadamente. A auga ten que cubrir completamente os tarros.

– Saco os tarros e colocoos novamente boca abaixo sobre un pano ata que enfrían e entón xa quedan listos para gardar na alacena para ir tirando deles cando me fagan falla ao longo do ano.

Animádesvos a facer a vosa salsurriña? Xa veredes que diferenza nas pizzas e nas pastas.

Ingredientes

Para 1 litro de salsa

  • 50 gr de aceite de oliva
  • 2 dentes de allo
  • 100 gr de cebola
  • 150 gr de cenoria
  • 1 kilo de tomates maduros
  • Media culler de postre de sal
  • Pementa ao gusto
  • 4 folliñas de albahaca

Elaboración

  1. Cortar os tomates en metades e triturar na Thermomix ata que queden como puré. Retirar do vaso e reservar.
  2. Pasarlle un auga ao vaso e agregar o aceite. Programar 3 minutos, temperatura varoma e velocidade 1.
  3. Agregar os dentes de allo, a cebola e a cenoria. Triturar todo 10 segundos, velocidade 5 e programar 7 minutos a temperatura varoma en velocidade 3 e 1/2.
  4. Agregar o tomate que tiñamos reservado, a sal e a pementa e programar 30 minutos a temperatura varoma e en velocidade 1.
  5. Cando falten 5 minutos, agregar a alfábega (albahaca).
[box type=”tick” icon=”none”]
  • Para evitar salpicaduras, pódese poñer o cestillo na parte superior.
  • A alfábega pódese reemplazar por ourego xa que tamén queda moi saboroso.
  • Se quermos a salsa máis espesa hai que deixala máis de 30 minutos a cocer sen cubiliete para que evapore ben a auga.
[/box] [box type=”info”]Receita orixinal: Velocidad Cuchara.[/box]

Un comentario

  1. Pingback: Albóndegas de berenxena de Paulina - Contidos Vexetais

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*