A raís de buscar como facer a pizza perfecta atopei unha canle de youtube dun rapaz que cociña cousas bastante sinxelas e interesantes. Nunha das sús publicacións falaba de facer 5 snacks caseiros para reemplazar toda a trapallada que comemos habitualmente e pareceume boa idea. Así que marquei como obxectivo facer algúns deles.
O de hoxe son as clásicas boliñas enerxéticas que se poden levar de snack para unha camiñata, para o cole ou como complemento a unha merenda porque teñen boa resistencia, non se quedan pegañentas e podes facelas do tamaño axeitado para papalas dun bocado. Gustaronme porque teñen o toque da laranxa que lles da un punto diferente.
Compartovos a receita por se alguén se anima a facela.
Ingredientes
- 9-10 dátiles
- 1/4 de taza de anacardos tostados sen sal
- 1/4 de taza de améndoas tostadas sen sal
- 1/4 de taza de coco relado
- 2 culleres sopeiras de chía
- Zume de media laranxa
- Reladura de unha laranxa
Elaboración
- Poñer na Thermomix todos os ingredientes ata formar unha pasta.
- Formar boliñas do tamaño que che cadre mellor.
- Conservar no frigo antes de usar para que endurezan un pouco.
- Para o meu gusto quedan moito mellor cos froitos secos tostados, pero tamén se poden empregar crús.
- As améndoas botoas tostadas pero con pela para que leven máis fibra e sacien máis.
- Podense reemplazar os froitos secos polos da túa elección sen problema.